Volver ao inicio

Substitución do premio da categoría xuvenil

Parece que a organización do Concurso de Microrrelatos tampouco pode evitar o impacto da falta de chips no mercado. Igual que as fábricas de coches ou de electrodomésticos están notando os problemas de abastecemento, xa saberedes que algún modelo de consola está sendo moi complicado de atopar. En ocasións, so están dispoñibles no mercado secundario, o que significa a renuncia á garantía ou esperas interminables para conseguila.

No noso caso, anunciamos que o gañador do concurso na categoría xuvenil levaría unha PlayStation 5 de Sony. En vista de que o momento do fallo do xurado se vai achegando e non somos quen de mercar unha coas debidas garantías, temos que comunicar que nos vemos forzados a levar a cabo a substitución que estaba prevista nas bases e entregar no seu lugar un lote dunha Nintendo Switch con xogos por un valor superior. Non é o que queriamos, pero non nos queda outra alternativa.Seguide atentos a relatos.gal para coñecer os relatos premiados, moi pronto.
Esta páxina web emprega cookies para mellorar a experiencia do usuario/a. Se continúas navegando consideraremos que aceptas o seu uso.    Máis información
Privacidad